Lendas Vivas – A peregrinación dos mortos (San Andrés de Teixido)

Neste artigo continuamos a publicação dos programas «Lendas Vivas» emitidos pela V Televisión.

Lendas_VivasAchegarémonos ao momento no que a historia se transforma en mito, ao momento no que os contos se converten en lendas vivas.

Galicia é terra de lendas. É a terra da Santa Compaña, de historias de sereas, meigas e meigallos, de lendas con profundas raíces na cultura popular transmitidas ao longo dos séculos pola tradición oral. Lendas Vivas é unha nova forma de transmisión destas lendas, impresionantes representacións audiovisuais daquelas historias que, a través da senda do tempo, chegaron ata os nosos días. Coa inestimable compañía de Xosé Couñago e entrevistas a historiadores e persoas próximas ao mundo das lendas, indagaremos para achegarnos ao momento no que a historia se transforma en mito, ao momento no que os contos se converten en lendas vivas.

A peregrinación dos mortos (San Andrés de Teixido) (cap.6)

Hai unha lenda de clara orixe popular que explica as orixes do santuario. A lenda parte sempre da chegada de Santo André ou dos seus restos a este punto de xeografía galega. Neste punto a lenda sepárase en dúas versións, na primeira, Santo André queixase ao Noso Señor do afastado e montesío do sitio que vai facer que ningún romeiro se achegue ata tan lonxe, ao que Cristo responde: Quédate eiquí, San Andrés,/que de mortos ou de vivos/todos te virán ver. Noutra versión, Santo André compárase co seu compañeiro de apostolado, Santiago, que ten templo grande, camiño de sona e miles de romeiros, mentres que el apenas ten fieis que lle recen. Tamén neste caso o Señor promete compensarlle o suposto aldraxe asegurándolle que han de ir de mortos os que non foron de vivos.

A peregrinación dos mortosNota: Os textos em galego ou castelhano, as imagens e o vídeo aqui reproduzidos provêm do site da V Television ou da Wikipedia. Pelo facto apresentamos à V Television e Wikipedia os nossos agradecimentos.

Anúncios

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão / Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão / Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão / Alterar )

Google+ photo

Está a comentar usando a sua conta Google+ Terminar Sessão / Alterar )

Connecting to %s