Tag Archives: Galicia

Lendas Vivas – O bautismo prenatal (Nigrán)

Neste artigo continuamos a publicação dos programas «Lendas Vivas» emitidos pela V Televisión.

Lendas_VivasAchegarémonos ao momento no que a historia se transforma en mito, ao momento no que os contos se converten en lendas vivas.

Galicia é terra de lendas. É a terra da Santa Compaña, de historias de sereas, meigas e meigallos, de lendas con profundas raíces na cultura popular transmitidas ao longo dos séculos pola tradición oral. Lendas Vivas é unha nova forma de transmisión destas lendas, impresionantes representacións audiovisuais daquelas historias que, a través da senda do tempo, chegaron ata os nosos días. Coa inestimable compañía de Xosé Couñago e entrevistas a historiadores e persoas próximas ao mundo das lendas, indagaremos para achegarnos ao momento no que a historia se transforma en mito, ao momento no que os contos se converten en lendas vivas.

O bautismo prenatal (Nigrán) (cap.7)

Nunha das máis emblemáticas pontes medievais de Galicia, a Ponte da Ramallosa, no concello de Nigrán, asistiremos a un dos ritos máis curiosos e sorprendentes de cantos se relacionan coa transmisión da vida: o chamado bautismo prenatal, o bautizo dunha criatura dentro do ventre de súa nai.

Cap_07_O bautismo prenatal (Nigrán)Nota: Os textos em galego ou castelhano, as imagens e o vídeo aqui reproduzidos provêm do site da V Television. Pelo facto apresentamos à V Television os nossos agradecimentos.

Historias de Galicia

Esta produción da TVG ten por obxecto divulgar os feitos que configuraron ao longo dos séculos a realidade material, económica, política, social e cultural do país.

Historias de Galicia está feita como unha serie de carácter xornalístico. Nela intentarase responder ás preguntas que se teñen presente na análise de calquera realidade: que aconteceu, quen foron os protagonistas dos feitos, cando sucederon, onde, como e por que. A serie ten unha guía para darlle continuidade e axilidade á narración, dotándoa dun ton próximo e divulgativo.

Todos os temas tocados na serie documental son realidades que lles seguen a afectar aos intereses xerais do país e á vida dos galegos, polo que interesa coñecer o pasado usando un método expositivo que permita relacionar os feitos pretéritos coa actualidade. Deste xeito, en cada unha das historias de Galicia están presentes os actores e os factores que en cada momento condicionaron e determinaron o devir histórico: o papel que tiveron os recursos naturais, que significou a localización xeográfica, o sistema de relacións e estruturas sociais e as formas culturais.

As varas da Xustiza, A forza das máquinas, Da feira ao mercado global, As causas das cousas ou O valor das letras, forman parte das novas temáticas que presenta a serie documental “HISTORIAS DE GALICIA”, abrindo así unha nova etapa para ensamblar á narrativa actual os aspectos social, político e económico do acontecer en Galicia.

Xosé Manuel Vega está á fronte destas novas entregas despois da excelente acollida de público obtida na primeira temporada e de ser distinguida, entre outros premios, como o mellor programa de televisión na edición deste ano dos Mestre Mateo.

O director da serie, que segue a ter como presentador a Xosé Barato, recorda os obxectivos desta produción presentes na orixe do proxecto, como é a divulgación dos feitos que configuraron ao longo dos séculos a realidade material, económica, política, social e cultura do país. “Fíxose unha selección daquelas constantes que sempre determinan e expresan a historia de calquera pobo”, engade Xosé Manuel Vega.

 Capítulo 1: Onde o mundo se chama Galicia

Este priHistorias_de_Galicia_1meiro capítulo de Historias de Galicia relata como os galegos foron habitando o territorio desde o castro á cidade moderna. Pero si algunha forma de asentamento é a nosa propia, esta é a aldea. As aldeas desaparecen hoxe a pasos axigantados e con elas van desaparecer formas seculares de entender a vida, un patrimonio etnográfico, paisaxístico e cultural que levou séculos crear.

Capítulo 2: Fillos da terra

Historias_de_Galicia_2“Véndese casa rural en Galicia”, un anuncio coma este pode ser o epílogo triste dunha historia secular. Posto que Galicia é un país agrícola que exporta viños, carne, queixos e produtos hortícolas a varios países, e todo isto faino competindo nun mercado global e sometida a restricións lexislativas que impiden o pleno desenvolvemento das súas capacidades produtivas.

Pero aínda queda máis: milleiros de hectáreas de cultivos e pastos quedan no monte para ser pasto dos incendios, pero esas terras seguen a ter dono e moitos deles son descendentes de foreiros -o foro foi o modo de organización e distribución da produción agraria desde o século XII ata o XX-. O documental fai un repaso polo proceso de desamortización, unha fórmula política fracasada que non significou o acceso dos campesiños á propiedade da terra; sen embargo, no primeiro cuarto do século XX, comezaron a abrollar iniciativas modernizadoras da agricultura e tamén naceu o agrarismo como un movemento social que demandaba a racionalización da propiedade e da produción agrícola, que logo propiciaría nalgunhas comarcas a concentración parcelaria, xa na segunda metade do s.XX.

A proposta do goberno galego actual de crear un banco de terras parece a derradeira oportunidade para que as terras abandonadas recuperen a súa función produtiva e o seu valor.
A serie documental Historias de Galicia estreouse o domingo pasado na Galega, e está dirixida por Xosé Manuel Vega e presentada por Xosé Barato.

Capítulo 3: A despensa salgada

Historias_de_Galicia_3A serie divulgativa da Historias de Galicia quere poñer hoxe o acento sobre o feito de que a comunidade galega estea considerada A Despensa Salgada. Así, o porto de Vigo é líder mundial na descarga de peixe para o consumo humano, pois Galicia tivo sempre un litoral privilexiado para as actividades pesqueira e marisqueira. Ademais posúe unhas frotas de altura e grande altura dotadas dunhas infraestruturas e medios técnicos que a sitúan na vangarda mundial. O documental significa que esta frota moderna segue a convivir cun sector artesanal de grande importancia social e historia secular.

Na Idade Media os pescadores galegos comezaron a organizarse en gremios e a comerciar coa sardiña, valéndose de técnicas de salgado e secado. Xa no século XVIII, o coñecido como conflito da “xávega” simbolizou a chegada de novas técnicas de captura traídas polos cataláns, impulsores da industria conserveira. Ademais, a pesca sempre xerou actividades asociadas, como o tecido e a reparación de redes e a carpintería de ribeira.

Os grandes barcos pesqueiros, conxeladores de grande altura, son base fundamental da industria naval actual, e nos últimos anos a acuicultura de peixe en granxas litorais xa é sobranceira no mundo e ten grandes posibilidades de expansión.

Capítulo 4: A casa e a familia

Historias_de_Galicia_4A casa é a familia son argumentos que cambiaron moito co paso do tempo. Para falar destes feitos, viaxando desde o presente ao pasado, o documental histórico que dirixe Xosé M. Vega constata que en Galicia xa hai ducias de parellas homosexuais casadas, e algunhas delas adoptaron fillos conxuntamente, e que a reforma do Código Civil de abril de 2005 supuxo unha novidade histórica no modelo tradicional de familia que, sobre todo na Galicia rural, sempre estivo ligado ao concepto de casa, entendida como unha unidade produtiva e reprodutiva.

A familia galega foi unha institución rexida secularmente polo Dereito Romano, que se foi adaptando ás circunstancias históricas que viviu o país, e esa realidade evolutiva xerou primeiro costumes e despois un Dereito Civil propio, que segue a rexer as relacións entre as persoas e os vínculos de propiedade.

Volvendo ao pasado, na Idade Media un foreiro non podía ser dono da casa e precisaba do permiso do señor para fundar unha familia, que tamén lle pertencía ao señor; e no Antigo Réxime as familias nobres galegas buscaron matrimonios de comenencia coa nobreza castelá para conservar o rango social e político. No campesiñado libre, cando a división da propiedade xa era un imposible, creouse a figura da mellora e do testamento mancomunado.

Ao longo dos séculos, a casa, a propiedade e a familia formaron un universo único no que se nacía e se morría e no que todos tiñan unha función. Hoxe en día os vellos non teñen a quen mellorar e van morrer a unha residencia…

Capítulo 5: Língua de reis, língua do pobo

Historias_de_Galicia_5O rei Xoán Carlos diríxese en galego ao Apóstolo Santiago na Ofrenda do 25 de xullo, na Catedral de Santiago. Oito séculos antes, Afonso X escoitaba na Corte de Castela unha das cantigas que el compuxera, interpretadas por un xograr, xa que o monarca viña de asinar a orde que lle daba ao castelán o rango de lingua oficial da Corte. Este novo documental de Historias de Galicia, que dirixe Xosé M. Vega e presenta Xosé Barato, fai unha retrospectiva desde a Idade Media e ata o século XIX, tempo durante o cal o galego foi só unha lingua de labregos e mariñeiros, perseguida polo poder centralizador, desprezada polas clases dirixentes e identificada co atraso.

O rexurdir literario do idioma a partir da segunda metade do XIX estivo na base dunha nova conciencia de país, que identificou a lingua como o principal sinal de identidade do pobo. A fundación das Irmandades da Fala significou a superación da indefinición ideolóxica do nacionalismo e o desenvolvemento pleno do concepto de Galicia como nación. Pero a insurrección fascista do 36 e a instauración da Ditadura significou a uniformización política e lingüística do Estado español pola forza e o galego pasou a ter a consideración de dialecto.

Hoxe o galego é, co castelán, lingua oficial de Galicia; é un patrimonio que aínda se comparte cos veciños dos territorios que un día conformaron o Reino de Galicia.

Capítulo 6: No nome de Deus

Historias_de_Galicia_6A última visita do Papa a Santiago reuniu no Monte do Gozo medio millón de mozos procedentes dos cinco continentes. A serie documental Historias de Galicia parte deste dato para analizar que, amais de seguir tendo unha gran capacidade de convocatoria, a Igrexa Católica foi un poder que tutelou a vida pública e privada en Galicia durante séculos. O descubrimento do Sepulcro de Santiago no ano 813 serviu para que, arredor del, nacese un templo e unha cidade que foi ata a época moderna a capital dun señorío eclesiástico, hexemónico, económica e politicamente.

No repaso histórico polo poder eclesiástico que fai a serie documental, dirixida por Xosé M. Vega e presentada por Xosé Barato, dúas figuras ilustran o seu asentamento no vértice da pirámide social, por un lado o arcebispo Xelmírez, “patriarca de Occidente”, que coroou a Afonso Raimúndez como rei de Galicia en 1110 na Catedral de Santiago, e por outro Alonso de Fonseca, que tivo tres séculos máis tarde a arte política de aliarse cos Reis Católicos, en contra da nobreza galega.

Pero a figura de Santiago atraía tamén a Compostela desde o medievo a millóns de peregrinos, converténdose o Camiño na vía dun fecundo intercambio comercial e cultural que integrou Galicia na cultura europea, ademais de traer a arte románica. Así, levantáronse numerosos mosteiros, que foron centros de poder, de saber e de riqueza, aínda que logo a desamortización de Mendizábal significou o abandono da maioría deles.

 Capítulo 7: Nobres, fidalgos e caciques

Historias_de_Galicia_7Case a totalidade dos galegos aínda teñen interiorizado que para aprobar unha oposición ou mellorar na vida tan ou máis importante có mérito é a capacidade de ter un padriño… Ese “valedor” e controlador social foi historicamente un intermediario que se serviu da estrutura administrativa do Estado e aproveitouse dela. Tomando de referencia as distintas etapas históricas, o documental viaxa ata a época en que, coa “doma e castración de Galicia” practicada polos Reis Católicos, o poder galego foise desnaturalizando e púxose ao servizo da lóxica do novo Estado.

Así, a nobreza de título fíxose cortesá e mesturouse coa española, que rematou engulindo as grandes liñaxes galegas: os nobres galegos seguiron cobrando foros e ademais dereitos señoriais e contra eles houbo numerosas revoltas campesiñas. Xa nos séculos XVI e XVII, a fidalguía foi a clase emerxente e conservou o seu poder ata comezos do século XX: estes eran medianeiros que, a cambio de sinecuras e prebendas, recadaban rendas e realizaban funcións burocráticas do Estado monárquico.

Finalmente, o derrubamento social da fidalguía coincide coa eliminación do sistema foral, e paralelamente un novo poder social emerxe en Galicia ligado ao amaño dos procesos electorais no século XIX: o cacique, unha figura que aínda está a perdurar…

Capítulo 8: O son das armas

Historias_de_Galicia_8O 16 agosto de 2005 dez soldados galegos morrían en Afganistán ao caer ao chan por accidente do helicóptero militar que os transportaba, formando parte dunha forza internacional baixo o mandato da ONU. Dende a Guerra Civil, Galicia non é escenario de conflitos bélicos, pero na historia deste pobo foron moitos os caídos en combate. Así, aquí produciuse a primeira gran revolución social de Europa, a Revolta Irmandiña. A derrota dos irmandiños e os abusos da nobreza galega acabaron privando a Galicia das súas clases dirixentes e deixárona inerme fronte á expansión de Castela, momento en que en toda Europa se constituían os estados modernos.

Xa no século XIX Galicia foi escenario de enfrontamentos entre as tropas francesas e británicas na Batalla de Elviña: en Pontesampaio os galegos impedíronlle ao exército francés cruzar o río Verdugo cara a Vigo. Chegando á Guerra Civil, en territorio galego non houbo unha fronte bélica, pero o franquismo practicou unha represión brutal que deixou as cunetas cheas de cadáveres e decapitou, outra vez, a elite intelectual e política do país. Despois da derrota militar das forzas leais á República, a resistencia organizouse en grupos guerrilleiros liderados por xefes carismáticos, como “O Piloto” ou “Foucellas”.

Capítulo 9: Sempre en Galicia

Historias_de_Galicia_9A serie Historias de Galicia que dirixe Xosé Manuel Vega e presenta Xosé Barato ofrece esta noite “Sempre en Galicia”. A emigración galega foi un fenómeno histórico que condicionou profundamente a nosa realidade; estivo motivado na maioría dos casos por un desaxuste entre a poboación e os recursos dispoñibles. Pero os recursos dun país están condicionados pola súa estrutura económica.

En Galicia non houbo unha burguesía que impulsase unha actividade industrial que absorbese o excedente agrario; o que houbo foi unha clase dirixente que preferiu seguir parasitando de privilexios anacrónicos -os foros- antes ca impulsar ningunha reforma. Como protesta os galegos emigraron masivamente: os dous millóns fóronse entre 1860 e 1970.

No século XIX os emigrados foron deixando este país, coma un exército de man de obra barata, sempre coa esperanza do retorno. Unha pequena porcentaxe deles fixo fortuna; algúns regresaron e buscaron o recoñecemento social no seu lugar de orixe. A Guerra Civil e o franquismo forzaron o exilio dos galegos máis preclaros e comprometidos coa Terra. Castelao ou Seoane simbolizan o que fixo a emigración pola identidade de Galicia.

A partir de 1960 a emigración galega ten como destino Europa Occidental e outras zonas do Estado español coma Cataluña, Euskadi e Madrid.

Capítulo 10: A historia de ser mulleres

Historias_de_Galicia_10A historia de ser muller, un percorrido fermoso, duro e longo polas mulleres galegas que reivindicaron unha dignidade, este é o traballo documental que ofrece esta noite a partir das 21.30 horas o programa da Galega Historias de Galicia. Na actualidade, tanto a Xunta coma o Goberno central están a impulsar leis para tratar de poñerlle freo á violencia de xénero, mentres que outros textos lexislativos pretenden impoñer a paridade de sexos en determinados postos de representación pública… Pero historicamente a discriminación da muller foi unha constante que estivo na base do noso dereito e das nosas crenzas cristiás; de feito foi unha discriminación froito de mitos e forzas, a forza física, a forza da lei e a forza do costume.

Así, María Pita ou Isabel Barreto pasaron á historia de Galicia porque en determinadas circunstancias asumiron roles propios do varón. Por ignorancia, por medo e por presión dos dogmatismos, a muller galega aturou secularmente esta discriminación, ata que no século XIX Rosalía de Castro, Concepción Arenal e Emilia Pardo Bazán comezaron a chamarlle a esa indignidade polo seu nome…

A Constitución republicana de 1931 recoñeceu a igualdade de sexos no traballo, na política e ante a lei, pero o franquismo devolveuna á condición de tutelada polo home no “sacrosanto labor do coidado do fogar”… Ata o ano 1975 a muller non tivo en España a patria potestade sobre os seus fillos.

Capítulo 11: Os camiños do país

Historias_de_Galicia_11A serie Historias de Galicia que dirixe Xosé Manuel Vega e presenta Xosé Barato ofrece “Os camiños do país”. Galicia segue á espera de poder comunicarse por tren de alta velocidade coas principais redes ferroviarias españolas, portuguesas e europeas, e esta desconexión é un lastre que dificulta o desenvolvemento das potencialidades produtivas do país. Sen embargo, hai dous mil anos os romanos construíron unha gran rede viaria na Gallaecia con fins comerciais e militares e abriron os portos ás rutas do océanos iluminados polo Faro de Hércules. Logo na Idade Media vai ser o Camiño de Santiago o factor de dinamización cultural e socioeconómico, dende os portos galegos saían barcos cargados con viño e peixe cara a outros países costeiros de Europa.

Pero Galicia tamén perdeu o mar no remate da Idade Media, xa que Isabel a Católica impediulle comerciar con América mentres que os Austrias prohibiron o comercio con Inglaterra. Finalmente, a excentricidade xeográfica, a falta de peso político e de interese empresarial fixeron que o ferrocarril chegase a Galicia en 1873, con 20 anos de atraso respecto a Cataluña ou o País Vasco, no medio xa de liortas políticas localistas entre A Coruña e Vigo. E outro dato, ata 1958 non se rematou de construír a vía férrea entre Sanabria e Ourense.

Capítulo 12: Onde a razón non chega

Historias_de_Galicia_12O ser dos galegos, como o de calquera pobo, non se configura só no pensamento racional. Hai unha parte de nós, íntima, que se move polo sentimento e por “outras razóns” e así o mostrará hoxe á noite o programa Historias de Galicia, que dirixe Xosé Manuel Vega e presenta Xosé Barato.

A saudade é un sentimento xurdido da vivencia íntima da propia soidade e da certeza da morte. Os dolmens son os primeiros símbolos da busca de transcendencia da vida e das fórmulas para superar a angustia existencial. O home comeza a darlle propiedades vivas e máxicas a realidades que o rodean: os penedos, a auga, as árbores.

Prisciliano no século IV enxertou na doutrina da igrexa o sentido panteísta dos galegos. Por iso foi perseguido e decapitado, pero iso non acabou co priscilianismo. Martiño Dumiense no século VI declarou anatema os vellos cultos e ritos. No lugar onde se celebraban eses rituais levantáronse ermidas.

Pero a pesar de séculos de loita eclesiástica por extirpar a raíz pagá das festas e romarías, a pedra de abalar ou o rito das nove ondas seguen a ter transcendencia para milleiros de galegos.

Capítulo 13: Nación de Breogán

Historias_de_Galicia_13Esta noite o espazo que dirixe Xosé Manuel Vega e presenta Xosé Barato, Historias de Galicia, afonda e percorre a historia do poder político en Galicia desde que fora un reino ata os nosos días. Galicia foi unha unidade política independente na Idade Media; era un reino con reis propios e cun territorio que abranguía parte do que hoxe é Portugal, Castela e León e Asturias.

Afonso Raimúndez foi coroado solemnemente Rei de Galicia polo arcebispo Xelmírez en 1110 na catedral de Santiago. Tras a derrota irmandiña e o sometemento posterior da nobreza galega polos Reis Católicos, simbolizado na execución do mariscal Pardo de Cela no 1453, Galicia nunca volveu ser independente nin contou, ata 1981, con institucións propias de autogoberno.

O sistema foral creou un binomio secular de señores e labregos que lastrou o desenvolvemento de novas clases coma a burguesía. O que puideron conservar as clases populares foi o idioma. A lingua foi o elemento crucial na toma de conciencia política do país no século XIX.

Esa conciencia expresouse primeiro como provincialismo, despois como rexionalismo e finalmente, a partir de 1916, como nacionalismo. O Partido Galeguista foi o impulsor do Estatuto de 1936 que foi aprobado en referendo o 28 de xuño daquel ano.

Capítulo 14: As varas da xustiza

Historias_de_Galicia_14Xustiza é darlle a cadaquén o seu, pero iso só pode facelo un xuíz, alguén que reparte xustiza. O documental repasa no presente capítulo que historicamente quen tivo o poder tamén quixo impartir xustiza e o que hoxe consideramos dereitos inherentes á nosa condición de persoas foron en realidade conquistas históricas que custaron moitos sacrificios. O dereito á levar os apelidos paternos, o dereito á propiedade ou o dereito a pensar e a expresar libremente as ideas propias significaron loitas dirixidas en moitos casos por persoas anónimas.

Capítulo 15: A forza das máquinas

Historias_de_Galicia_15.

.

.

.

Capítulo 16: Sans e fortes

Historias_de_Galicia_16Despois de respirar e botar unha choradiña, a primeira necesidade vital que ten un ser humano cando chega ao mundo é alimentarse. Do que comemos nos primeiros anos de vida depende, en gran medida, a nosa saúde cando nos facemos adultos. Pero, naturalmente, non todas as enfermidades dependen do que comemos. “Historias de Galicia” conta nesta ocasión como nos fomos alimentando os galegos e como a ciencia médica nos axudou a medrar sans e fortes.

Así, a primeira historia trata do que comían os galegos das casas grandes, medianas e pequenas, é dicir, do que se quería ao que se podía.

A segunda historia céntrase na figura do doutor Pose Roibanes, o home que trouxa a Galicia a primeira vacina da historia.

A terceira e última historia trata do nacemento do primeiro hospital en Galicia, o Hospital Real de Santiago, o que hoxe se coñece coma Hostal dos Reis Católicos.

Capítulo 17: Da feira ao mercado global

Historias_de_Galicia_17O capítulo de ‘Historias de Galicia’ que a Galega emite esta noite regresa ao pasado para recordar como comerciaban os galegos nas feiras, pois ata hai moi pouco había tantas feiras en Galicia que os funcionarios do Estado non sabían como facer para poder cobrar tributos por esa actividade comercial. Pero os galegos comerciaban a grande escala cos seus produtos típicos, como son a carne, o peixe e o viño. O comercio sempre tivo as súas leis e foi unha cuestión de alta política do Estado, que establecía alianzas e declaraba inimizades que podían botar por terra calquera actividade comercial. Hoxe, no mercado global, o comercio segue a ter as súas leis e as súas trampas.

Capítulo 18: As causas das cousas

Historias_de_Galicia_18Saber significa coñecer as causas das cousas e o método máis seguro de coñecemento é o científico porque permite a comprobación dos resultados. En Galicia houbo homes de ciencia que, ademais, estiveron moi comprometidos co desenvolvemento do país. Entre eles destacan Domingo Fontán, que fixo o primeiro mapa científico de Galicia para mellorar as comunicacións terrestres, e Cruz Gallástegui, que creou unha variedade nova de millo híbrido para mellorar o rendemento das colleitas. Tamén houbo científicos que miraron máis ás estrelas que ao chan: é o caso do astrónomo Ramón María Aller, que descubriu varias parellas de estrelas dobres.

Capítulo 19: O valor das letras

Historias_de_Galicia_19Recorda o documental sobre as “Historias de Galicia” que ata ben entrado o século XX a maioría dos galegos ou non fora nunca á escola ou só fora uns meses para aprender a escribir o seu nome e pouco máis. Así que durante séculos a educación de quen podía escolarizarse estivo monopolizada pola igrexa católica que transmitía coñecementos e tamén dogmas relixiosos, grazas ao cal o colexio dos Xesuítas de Monterrei (Lugo) foi un centro punteiro no século XVI. Xa en pleno XX, en Galicia tamén houbo escolas laicas, aínda que a maioría dos galegos aprendeu as primeiras letras nas chamadas escolas de ferrado.