Tag Archives: Guillerme

Lendas Vivas – A Ermida de San Guillerme (Fisterra)

Neste artigo continuamos a publicação dos programas «Lendas Vivas» emitidos pela V Televisión.

Lendas_VivasAchegarémonos ao momento no que a historia se transforma en mito, ao momento no que os contos se converten en lendas vivas.

Galicia é terra de lendas. É a terra da Santa Compaña, de historias de sereas, meigas e meigallos, de lendas con profundas raíces na cultura popular transmitidas ao longo dos séculos pola tradición oral. Lendas Vivas é unha nova forma de transmisión destas lendas, impresionantes representacións audiovisuais daquelas historias que, a través da senda do tempo, chegaron ata os nosos días. Coa inestimable compañía de Xosé Couñago e entrevistas a historiadores e persoas próximas ao mundo das lendas, indagaremos para achegarnos ao momento no que a historia se transforma en mito, ao momento no que os contos se converten en lendas vivas.

A Ermida de San Guillerme (Fisterra) (cap.2)

Nun dos cabos da fin do mundo da antigüidade coñeceremos algúns dos lugares máis máxicos de Fisterra. Na ermida de San Guillerme conflúen os ritos ancestrais das celebracións arredor da Ara Solis como lugar de transmigración das almas cara ao máis alá do solpor, xunto con ritos da fecundidade que as parellas practican na chamada ?Cama do Santo? para propiciar os embarazos.

Cap_02_A Ermida de San Guillerme

Nota: Os textos em galego ou castelhano, as imagens e o vídeo aqui reproduzidos provêm do site da V Television. Pelo facto apresentamos à V Television os nossos agradecimentos.
Anúncios